Entradas populares

domingo, 13 de mayo de 2012

O muro, os codos, a cabeza... a pesar de xogar de central leva medias de 7 goles por tempada...


1)Unha comida?

A tortilla da miña nai sen duda.

2)Unha bebida?

E difícil escoller unha sola pero… Un Gin Tonic

3)Un Lugar?

Carnota e concretamente Boca de rio

4) Unha características que queres nunha persoa?

A disciplina

5) Unha característica que odias nunha persoa?

As mentiras¡¡¡¡ Odio a xente mentireira e moito máis pillala en renuncios.

6) Playa ou montaña?

Playa por suposto

7)Un gol?

O de Markitos cando xogamos en juveniles, Covas-Portomouro pensó que ala pola temporada 97-98. Despeja un balón desde a nosa área e enchufa por toda a escuadra.De feito recordo que celebramos o gol tirados todos no noso e o lado da área grande…

8)Un pase?

Calquera dos de Xavi ainda que o noso Joshi tamen se lle da bastante ben.

9) Un adestrador??

Duarte
10)Un momento futbolístico especial?

O ascenso de 3ª a 2ª cando lle pudemos firmar na calva a Brea.

11)Unha manía futbolística?

Presignarse o entrar o campo.

12)Un posto na clasicificación?

Primeiro, ainda que co Porto últimamente...

13) O mellor consello que che deron foi....

Nunca digas que non eres capaz de facelo sen antes intentalo



Por último un pequeno repaso da carreira futbolística....



Portomouro xuvenis con algunhas anecdotas e amigos ... etc

Carreira ou arrastrarse polos campos pois creo que é o que veño facendo nos últimos anos…

A verdade que empezou moi moi mal.Xusto o día que ia a facer a ficha para o Portomouro todo feliz na miña moto tiven un accidente do cal saín ca cara cortada e cunha perna rota, pero bueno polo menos salín… Xa empezara a entrenar e era o primeiro ano, ainda non había juveniles e o entrenador era Beny . Logo de 5 meses de recuperación esperei o ano seguinte que xa había juveniles. No primeiro partido amistoso que xogamos fora contra o Trazo  xa me expulsaron por chuspirlle a cara o porteiro¡¡¡ Que desastre¡¡¡ Vaia payaso ( eu claro). Empezamos a liga e creo que gañamos tres ou catro partidos en toda a temporada, o que máis molaba era ir todo equipo en dous coches, catro ian no coche de Farruco (que era o entrenador) e os outros nove ou dez con Brea…Era o mítico micro Bus BX, moita paciencia tiña.No ano seguinte xa tiñamos mellor equipo pero como nos maiores non tiñan xente iamos con eles.O final non xogabamos nin cos juveniles nin cos maiores.

Con 18 anos deixeino e marchei para Canarias a traballar (cabeza loca) durante 9 meses e o ano seguinte volvín a xogar con tan mala sorte que rompín o menisco e durante seis meses estiben sen xogar.

Era a millor época, aínda que estábamos en terceira era un nivel moi superior a que temos hoxe en segunda e o noso posto solia ser entre os 6 primeiros pero nunca chegaba para ascender, ata que veu Duarte como entrenador e o ano seguinte xa ascendemos.
As anécdotas dese ano foron. Duarte nun partido dille a Felix:- ¿Ti drogaste chaval? E a Fer ¿A ti que che teñen que dar cun martillo na cabeza pa que te tires?
Despois estivemos un par de anos en segunda e creo que descendemos estando ainda Duarte como entrenador.
A temporada seguinte creo que veu Cao e nese mismo ano xa ascendemos, a verdade que fora un bo ano.Estabamos coma motos todos. 
Algo que recordo desa época e ver a Joshi e a Rañolas comendo mazáns e bebendo quintos no entrenamento.Cando chegaban o campo salpicabanse un pouco na fonte e ala a facer que sudaban….vaia lambóns.
E tamen ese ano cando Brea me dixo un día as palabra máxicas –Se Alberto é o medio centro do Portomouro, apaga e vámonos¡¡¡ a mín parecíume un pouquiño mal cando o dixo pero creo que tiña moita razón.

Ese ano volvín a romper o menisco pero da outra rodilla e tiven que operarme de novo. Outros 4 meses sen xogar… así foron pasando temporadas, arrastrándome un pouco

Por motivos de traballlo nos últimos cinco ou seis anos pois non entrenei casi nada en Portomouro, e claro, así me foi¡¡¡¡. 

Estando nas Pontes fun a a entrenar o primeiro ano co Roupar que xogaba en primeira regional da zona de Lugo pero eran unha banda e os dous seguintes fun a entrenar co Narahío que xogaba en segunda regional na zona de Ferrol,

Funme para Coruña a traballar, e de vez en cando ia entrenar a Portomouro pero era moito tute e empecei a entrenar co Larín, que estaba en segunda tamen coma nos.

Ahora neste último ano pois estiven en Cartagena e tampouco xoguei nada, bueno un par de partidos na Praia cos rapaces¡¡¡¡
Este ano xa se está acabando e creo que é o mellor que nos pode pasar porque a verdade que empezamos moi ben pero desinflamonos moi pronto e se chega a haber 3 xornadas máis incluso pensó que podíamos chegar a descender. 
Por certo neste ano tiven outra lesión, no partido co Tabeirós o porteiro salíu a un balón e partíume unha costilla. Moi majo o chaval¡¡¡
Son moitas as cousas e anécdotas que me pasaron no Portomouro, podese dicir que todas positivas porque o que brinda alí e bo rollo e compañerismo.Somos casi todos amigos desde pequenos e os que viñeron máis tarde foron integrándose moi ben. Espero que eso siga sendo así moitos anos e que para o ano lle damos unha alegría a aficción porque xa o merecen.

lunes, 30 de abril de 2012

Inmellorable fin de semana para o CF Portomouro

Os pequenos van millorando nesta aventura do Fútbol 7 e impoñense en Castriz o Santa Comba por 1-3 e seguen peleando por entrar no cadro final da Copa.

Por outra banda o equipo de segunda autonómica consegue a permanencia despois de levarse a victoria nun intenso derbi. CF Portomouro 3 - 1 SD Dubra. Goles de Moly, Alberto Noya e Joshi.

viernes, 13 de abril de 2012

Rafa, o primeiro da "vella xeración"

"O segundo é o primeiro dos perdedores"

1)Unha comida?
A tortilla ou no seu lugar calquer tipo de pasta.

2)Unha bebida?
A pepsi (o que toda a vida foi pesicola),bueno e o zumo de cebada ese que fan os de Estrella Galicia tampouco está nada mal.

3)Un Lugar?
A rúa do franco en Compostela en particular e a zona vella en xeral.

4)Unha característica que che gusta nas persoas?
Que sexa idealista.

5)Unha que odies?
A impuntualidade.

6)Praia ou montaña?
Montaña e canto mais grande sexa a montaña mellor.

7)Un gol?
O de Ronaldo co barça ó Compostela e un de Bergkamp co Arsenal o Newcastle (recomendo que sexa visto a ver si a alguén lle sirve de inspiración futbolistica)

8)Un pase?
Calquera de Xavi ou de Iniesta,e cando digo calquera tanto me vale partido oficial,amistoso ou adestramento.

9)Un adestrador?
Guardiola sen dúbida,que vou dicir eu si son guardiolista ata a médula,ainda q o trastornado ese de Bielsa non o fai nada mal.

10)Un momento?
A final do mundial de Sudáfrica de 2010 e o Iniestazo en Stamford Bridge.

11)Unha manía futbolística?
Non son eu de manías nin de supersticións,nin de nada de iso.

12)Un posto?
De lider,a todo o mundo lle gusta estar arriba.

13) Un consello "o segundo é o primeiro dos perdedores"

Carreira futbolística: 
Pois comecei xogando nos xuvenís do portomouro cando o portomouro era un clube fuerte no que brea levaba a 8 e a 9 no coche e ainda sobraba sitio pos bolsos e se xogaban os domingos as 10 da mañá,a miña sorte foi coincidir cunha gran xeración,non se volverá a repetir tal equipo como aquel. Despois estiven un aniño no tapia,o meu último ano de xuvenil,e despois dun tempo sen xogar voltei o portomouro e ahi seguimos.

jueves, 12 de abril de 2012

CF Portomouro Benxamin

O CF Portomouro benxamin perde en Outes por 5 - 3 deixando  clara a melloría (non suficiente) neste nova aventura do Fútbol 7. Os nenos xa empezan a dominar o espacio e as características da herba artificial. Si seguen así pronto recollerán mellores resultados.
Unha boa oportunidade é este venres, as 17:30 no campo da Baña, contra o Esteiro. Puntos importantes para seguir metidos na loita pola clasificación para a fase final.

(Fase final de Fútbol Sala, 2º Clasificado, Santa Comba 2012)

lunes, 12 de marzo de 2012

Magnífico subcampeonato!



O CF Portomouro da a campanada en Santa Comba tras eliminar o campeón da liga regular OS Miudos de Muros por 3 - 0. Os goles de Lalo, Brais e Isma certificaron o pase cara unha final soñada. Partidazo de todos e magnífico o papel de Álex Puga baixo os paus. 

Na outra semifinal o Negreira impúxose o Viaxes Amarelle por 3 -2 nun partido moi disputado. 

A final foi as 17(Negreira - CF Portomouro), nun pavillón entregado despois do amosado por ambos equipos en semifinais. 

No minuto tres de partido o gol do Portomouro bota abaixo o pavillón e mete o medo no corpo o todopoderoso Negreira. O equipo abaixo no marcador mete toda a carne no asador e logra darlle a volta o partido xusto antes do descanso (1- 2). Este resultado non se moveu ata un tempo morto do CF Portomouro faltando 3 minutos para o remate do encontro. Ata este intre o Negreira era dono do partido con alternancia de xogadas colectivas do Portomouro. Nos derradeiros 3 minutos o Portomouro xogou moi ofensivo e ca posesión do balón mentres que o Negreira despexaba o peligro. A sorte caeu do lado nicrariense que o cantragolpe e co Portomouro volcado puido anotar 2 goles máis para deixar o luminoso nun 1 - 4 final. 

Destacar a deportividade que houbo entre as escolas e clubes participantes, as grandes aficións dos equipos e o espectáculo amosado. Dende o CF Portomouro darlle a máis sincera noraboa a un equipo de nenos de 8, 9 e 10 anos que a moitos non nos deixan de sorprender , así como a toda a xente que nos veu ver e animar.

 MOITAS GRACIAS A TODOS




jueves, 8 de marzo de 2012

Simón, un mítico é o noso mes de marzo...


¿Unha comida? Lubina a plancha ,pero en xeral calquera tipo de pescado

¿Unha bebida? unha 1906 ben fría e en copa.

¿Un lugar especial? Suiza encantame, pero tamén me gustaría vivir en calquera país nórdico

Unha característica que che gusta na xente ?Sinceridade

¿Unha que odias? A impuntualidade

¿Playa ou montaña?  Montaña

¿Un gol? O que marcou Jorge no torneo de Ons, no que finalmente gañamos.

¿Un pase? Un non, dous. o que lle dou Anxo a Josi en Tabeirós. Non se me olvidara nunca. Josi taba a dous metros de Anxo e Anxo mandoulle un repolo.jaja. Despois están os que da o Ruso, simplemente perfectos.

¿Un adestrador? O único que sabe motivar de forma especial a cada xogador e sabe sacar o mellor de cada un é José Manuel.

¿ Un momento especial? cando os juveniles do ano pasado gañamos o torneo de bazar. despois deso, non volveron a facer o torneo.

¿Unha manía? Eu non teño mariconadas desas. 

¿Un posto? este ano gustariame quedar 4.

e por último, un consello...? mais que consello foi un momento de lucidez de brea. díxome: simóm, desde que deixei o portomouro non aprendeches nada, sigues tam burro coma sempre!


Carreira futbolística...

Como repaso a miña carreira futbolística teño que decir que empecei a xogar nos xuvenís do portomouro con 14 anos. Despois jorge mais eu estivemos xogando no dubra media temporada nos cadetes. Quizais fora un dos momentos mais bos, con 14-15 anos marchavas practicamente todo o día da casa, sen ningún tipo de preocupación. O único que se podía votar de menos é o bo rollo e o grupo de amigos que hai no portomouro. Por este motivo, levo dez anos con esta xente.

lunes, 5 de marzo de 2012

Xornada 25

O Pino 2 - 0 C.F. Portomouro. O Portomouro mermado polas baixas de lesionados e sancionados aguanta a primeira parte no Pino. A segunda con claro dominio local chegan os dous goles. 
Alineación C. F. Portomouro : José, Berna, Sito, Félix, Rafa, Simón, Joshi, Anxo, Mario, Luís e Iván.
Entraron na segunda parte: Arán, J. Mourelle e Alberto Noya.

sábado, 18 de febrero de 2012

EXEMPLO DE ACTITUDE E XOGO CON 8 E 9 ANOS ....A UN PASO DA FASE FINAL

CF Portomouro 6 - 2 Brión. O Portomouro cargase o terceiro clasificado e colocase  a un paso de xogar a fase final de Fútbol Sala. O mellor xogador do partido foi o porteiro Álex Puga, facendo un partido moi bo e elixido polo seus compañeiros. Os goles moi repartidos, Lalo (2) Samuel Nieto (1) Brais (1) Borja (2). Agora solo queda esperar os resultados da xornada para saber si estamos clasificados, esperamos dar pronto a noticia.
Por outra banda o mércores 22 despois do adestramento 18h. reunión cos pais e nais para falar o tema de Fútbol 7.

martes, 14 de febrero de 2012

O CF Portomouro Benxamin a San Lázaro

España 4 - 1 Austria de Fútbol feminino. Partido completo do equipo español sobre todo na segunda parte onde meteu os catro goles. A afición disfrutou do xogo de toque e da pegada das mellores xogadoras españolas nun estadio entregado. Os rapaces do Portomouro animaron sen descanso o equipo como se ve na foto:


lunes, 13 de febrero de 2012

gol gol gol...!

Mazaricos 2 - 9 Cf Portomouro Benxamin. O equipo de benxamins do Portomouro deixou claro que é un equipo que merece estar na fase final. Partido intenso con fases de bo xogo. A pegada volve a aparecer no equipo con 9 goles moi repartidos. Brais (4), Manuel (2), Sergio (1), Alex Puga (1), Samuel (1). O próximo fin de semana vai ser definitivo. Gañar na Baña o Brión e agardar un resultado positivo noutros encontros. ¡¡Vamos agotar as posibilidades! ¡¡ánimo!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

Jose, é o noso mes de febreiro

Demarcación: Porteiro
Número: 1
Carreira futbolística: ¿Cómo foi a túa carreira?


(mais que carreira parece un fp): A primeira vez que xoguei un partido de fútbol foi os 17 anos no equipo de xuveniles do Portomouro. O único que se pode destacar (en canto a fútbol) e que xoguei duas veces co primeiro equipo (as dúas na casa): unha contra o Sigüeiro 1-1 e outra contra o Silleda 1-0 (antes deixábase a portería a cero con mais frecuencia, eran outros tempos). O segundo ano os xuveniles desfixéronse e fun un ano para A Baña. Tempada desastrosa, porque descendiu A Baña e porque tampouco e que xogara moito. O terceiro volvin po Portomouro, en teoría para que Diego tivese con quen xogar no entrenamento pero como marchou po Santa Comba xoguei case tódolos partidos (estivemos a punto de descender). A seguinte tempada xa é a que estamos disputando agora, parece que as cousas van algo mellor.


Entrevista:


1) Unha comida? Espaguetis a carbonara.

2) Unha bebida? Un quinto, por supuesto.

3) Un lugar? Cabanas de abaixo. 

4) Un gol? O de Iniesta en Stamford Bridge (ou o da final do mundial).

5) Un pase? O de Xavi a Torres no gol de España na final da Eurocopa. 

6) Unha parada? Unha de Victor Valdés na final da Champions do 2006 a tiro de Henry. Sendo modesto, debería escoller a que fixen este ano en Agolada. 

7) Un número? 666. 

8) Unha manía futbolística? Cando levo a botella de auga para a portería sempre a deixo pola parte de fora e nunca dentro da portería. Entro no campo e na área sempre co pe esquerdo (así me vai). Non e que sea supersticioso, é rutina.
9) Un posto? O 4º. 

10) Nun penalty, ¿un lado preferido? Non teño un lado preferido (para os penaltis) siempre me tiro por intuición. 


Gracias Jose polo teu tempo, sigue mellorando, serás un gran porteiro.

domingo, 29 de enero de 2012

Xornada 20 - 2ª Autonómica

Tabeirós 0 - 1 C. F. Portomouro. Victoria moi traballada nun campo difícil. Partido trabado, con moitas faltas e pouca claridade nos pases dos dous equipos. O gol veu no segundo tempo despois de varias ocasións para o equipo visititante nun rexeite dun saque de esquina  chegou un zapatazo de Joshi dende fóra da área para meterse por toda a escadra. Un golazo que lle da o Portomouro 3 puntos para mirar cara a zona alta da clasificación.
Ver clasificación:
http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=84

viernes, 27 de enero de 2012

C F Portomouro Benxamin

A Baña 0 - 8 C F Portomouro
Nova victoria do equipo de Portomouro o cál lle fai soñar con esa clasificación para a fase final. Os goles moi repartidos: Alex Puga: 1 Isma: 1 Iñaki: 1 Pablo 1 Lalo: 2 Brais: 1 Manuel: 1 O mellor xogador do partido foi Isma, votado polos seus compañeiros. A clasificación :

Para o fin de semana...

Fin de semana de competición para os dous equipos do clube:
Hoxe venres o equipo benxamin disputa un partido importante para a conquista do seu obxectivo de clasificarse para a fase final.
As 17:00 Na Baña CF Portomouro - A Baña

E para o domingo, no campo de Tabeirós, CF Portomouro - Tabeirós. Campo de terra. 
3 puntos básicos para loitar por esa desexada quinta praza.
Clasificación:
http://www.siguetuliga.com/?s=liga&fc=clasificacion&id=84


Un mes, un xogador

Cada mes do ano o C. F. Portomouro quérollo adicar a un dos seus xogadores. Comezaremos en Febreiro. 
A dar detalles da carreira como futbolísta, dos gustos e as impresións de cada un. 
Estrutura: Para ir empezando....

Febreiro: José (porteiro)
Marzo: Simón
Abril: Rafa
Maio: Alberto Noya


As señas de identidade

Presentamos o escudo oficial do equipo, ca ponte romana aderida, insignia do paso pola parroquia de Portomouro.

jueves, 26 de enero de 2012

A estrea do blog

Hoxe damos comezo cunha nova andaina nesto das novas tecnoloxías. O Portomouro Clube de Fútbol estrea blog para informar, expoñer e compartir información.
Principalmente expoñeremos información relativa a partidos, competicións, torneos, fotos, saídas, comida de socios etc.