Entradas populares

lunes, 12 de marzo de 2012

Magnífico subcampeonato!



O CF Portomouro da a campanada en Santa Comba tras eliminar o campeón da liga regular OS Miudos de Muros por 3 - 0. Os goles de Lalo, Brais e Isma certificaron o pase cara unha final soñada. Partidazo de todos e magnífico o papel de Álex Puga baixo os paus. 

Na outra semifinal o Negreira impúxose o Viaxes Amarelle por 3 -2 nun partido moi disputado. 

A final foi as 17(Negreira - CF Portomouro), nun pavillón entregado despois do amosado por ambos equipos en semifinais. 

No minuto tres de partido o gol do Portomouro bota abaixo o pavillón e mete o medo no corpo o todopoderoso Negreira. O equipo abaixo no marcador mete toda a carne no asador e logra darlle a volta o partido xusto antes do descanso (1- 2). Este resultado non se moveu ata un tempo morto do CF Portomouro faltando 3 minutos para o remate do encontro. Ata este intre o Negreira era dono do partido con alternancia de xogadas colectivas do Portomouro. Nos derradeiros 3 minutos o Portomouro xogou moi ofensivo e ca posesión do balón mentres que o Negreira despexaba o peligro. A sorte caeu do lado nicrariense que o cantragolpe e co Portomouro volcado puido anotar 2 goles máis para deixar o luminoso nun 1 - 4 final. 

Destacar a deportividade que houbo entre as escolas e clubes participantes, as grandes aficións dos equipos e o espectáculo amosado. Dende o CF Portomouro darlle a máis sincera noraboa a un equipo de nenos de 8, 9 e 10 anos que a moitos non nos deixan de sorprender , así como a toda a xente que nos veu ver e animar.

 MOITAS GRACIAS A TODOS




No hay comentarios:

Publicar un comentario