Número: 1
Carreira futbolística: ¿Cómo foi a túa carreira?
(mais que carreira parece un fp):
A primeira vez que xoguei un partido de fútbol foi os 17 anos no equipo de xuveniles do Portomouro.
O único que se pode destacar (en canto a fútbol) e que xoguei duas veces co primeiro equipo (as dúas na casa): unha contra o Sigüeiro 1-1 e outra contra o Silleda 1-0 (antes deixábase a portería a cero con mais frecuencia, eran outros tempos).
O segundo ano os xuveniles desfixéronse e fun un ano para A Baña. Tempada desastrosa, porque descendiu A Baña e porque tampouco e que xogara moito. O terceiro volvin po Portomouro, en teoría para que Diego tivese con quen xogar no entrenamento pero como marchou po Santa Comba xoguei case tódolos partidos (estivemos a punto de descender).
A seguinte tempada xa é a que estamos disputando agora, parece que as cousas van algo mellor.Entrevista:
1) Unha comida? Espaguetis a carbonara.
2) Unha bebida? Un quinto, por supuesto.
3) Un lugar? Cabanas de abaixo.
4) Un gol? O de Iniesta en Stamford Bridge (ou o da final do mundial).
5) Un pase? O de Xavi a Torres no gol de España na final da Eurocopa.
6) Unha parada? Unha de Victor Valdés na final da Champions do 2006 a tiro de Henry. Sendo modesto, debería escoller a que fixen este ano en Agolada.
7) Un número? 666.
8) Unha manía futbolística? Cando levo a botella de auga para a portería sempre a deixo pola parte de fora e nunca dentro da portería. Entro no campo e na área sempre co pe esquerdo (así me vai). Non e que sea supersticioso, é rutina.
9) Un posto? O 4º.
10) Nun penalty, ¿un lado preferido? Non teño un lado preferido (para os penaltis) siempre me tiro por intuición.
Gracias Jose polo teu tempo, sigue mellorando, serás un gran porteiro.
Jose hai que beber estrellas das grandes non quintos que xa non eres un neno
ResponderEliminartes que aprender alevar quintos pa porteria... e no lugar seria a ceca
ResponderEliminarXermilo, a mellor fragancia véndese en frascos pequenos
ResponderEliminar