Entradas populares

lunes, 12 de marzo de 2012

Magnífico subcampeonato!



O CF Portomouro da a campanada en Santa Comba tras eliminar o campeón da liga regular OS Miudos de Muros por 3 - 0. Os goles de Lalo, Brais e Isma certificaron o pase cara unha final soñada. Partidazo de todos e magnífico o papel de Álex Puga baixo os paus. 

Na outra semifinal o Negreira impúxose o Viaxes Amarelle por 3 -2 nun partido moi disputado. 

A final foi as 17(Negreira - CF Portomouro), nun pavillón entregado despois do amosado por ambos equipos en semifinais. 

No minuto tres de partido o gol do Portomouro bota abaixo o pavillón e mete o medo no corpo o todopoderoso Negreira. O equipo abaixo no marcador mete toda a carne no asador e logra darlle a volta o partido xusto antes do descanso (1- 2). Este resultado non se moveu ata un tempo morto do CF Portomouro faltando 3 minutos para o remate do encontro. Ata este intre o Negreira era dono do partido con alternancia de xogadas colectivas do Portomouro. Nos derradeiros 3 minutos o Portomouro xogou moi ofensivo e ca posesión do balón mentres que o Negreira despexaba o peligro. A sorte caeu do lado nicrariense que o cantragolpe e co Portomouro volcado puido anotar 2 goles máis para deixar o luminoso nun 1 - 4 final. 

Destacar a deportividade que houbo entre as escolas e clubes participantes, as grandes aficións dos equipos e o espectáculo amosado. Dende o CF Portomouro darlle a máis sincera noraboa a un equipo de nenos de 8, 9 e 10 anos que a moitos non nos deixan de sorprender , así como a toda a xente que nos veu ver e animar.

 MOITAS GRACIAS A TODOS




jueves, 8 de marzo de 2012

Simón, un mítico é o noso mes de marzo...


¿Unha comida? Lubina a plancha ,pero en xeral calquera tipo de pescado

¿Unha bebida? unha 1906 ben fría e en copa.

¿Un lugar especial? Suiza encantame, pero tamén me gustaría vivir en calquera país nórdico

Unha característica que che gusta na xente ?Sinceridade

¿Unha que odias? A impuntualidade

¿Playa ou montaña?  Montaña

¿Un gol? O que marcou Jorge no torneo de Ons, no que finalmente gañamos.

¿Un pase? Un non, dous. o que lle dou Anxo a Josi en Tabeirós. Non se me olvidara nunca. Josi taba a dous metros de Anxo e Anxo mandoulle un repolo.jaja. Despois están os que da o Ruso, simplemente perfectos.

¿Un adestrador? O único que sabe motivar de forma especial a cada xogador e sabe sacar o mellor de cada un é José Manuel.

¿ Un momento especial? cando os juveniles do ano pasado gañamos o torneo de bazar. despois deso, non volveron a facer o torneo.

¿Unha manía? Eu non teño mariconadas desas. 

¿Un posto? este ano gustariame quedar 4.

e por último, un consello...? mais que consello foi un momento de lucidez de brea. díxome: simóm, desde que deixei o portomouro non aprendeches nada, sigues tam burro coma sempre!


Carreira futbolística...

Como repaso a miña carreira futbolística teño que decir que empecei a xogar nos xuvenís do portomouro con 14 anos. Despois jorge mais eu estivemos xogando no dubra media temporada nos cadetes. Quizais fora un dos momentos mais bos, con 14-15 anos marchavas practicamente todo o día da casa, sen ningún tipo de preocupación. O único que se podía votar de menos é o bo rollo e o grupo de amigos que hai no portomouro. Por este motivo, levo dez anos con esta xente.

lunes, 5 de marzo de 2012

Xornada 25

O Pino 2 - 0 C.F. Portomouro. O Portomouro mermado polas baixas de lesionados e sancionados aguanta a primeira parte no Pino. A segunda con claro dominio local chegan os dous goles. 
Alineación C. F. Portomouro : José, Berna, Sito, Félix, Rafa, Simón, Joshi, Anxo, Mario, Luís e Iván.
Entraron na segunda parte: Arán, J. Mourelle e Alberto Noya.