Entradas populares

domingo, 13 de mayo de 2012

O muro, os codos, a cabeza... a pesar de xogar de central leva medias de 7 goles por tempada...


1)Unha comida?

A tortilla da miña nai sen duda.

2)Unha bebida?

E difícil escoller unha sola pero… Un Gin Tonic

3)Un Lugar?

Carnota e concretamente Boca de rio

4) Unha características que queres nunha persoa?

A disciplina

5) Unha característica que odias nunha persoa?

As mentiras¡¡¡¡ Odio a xente mentireira e moito máis pillala en renuncios.

6) Playa ou montaña?

Playa por suposto

7)Un gol?

O de Markitos cando xogamos en juveniles, Covas-Portomouro pensó que ala pola temporada 97-98. Despeja un balón desde a nosa área e enchufa por toda a escuadra.De feito recordo que celebramos o gol tirados todos no noso e o lado da área grande…

8)Un pase?

Calquera dos de Xavi ainda que o noso Joshi tamen se lle da bastante ben.

9) Un adestrador??

Duarte
10)Un momento futbolístico especial?

O ascenso de 3ª a 2ª cando lle pudemos firmar na calva a Brea.

11)Unha manía futbolística?

Presignarse o entrar o campo.

12)Un posto na clasicificación?

Primeiro, ainda que co Porto últimamente...

13) O mellor consello que che deron foi....

Nunca digas que non eres capaz de facelo sen antes intentalo



Por último un pequeno repaso da carreira futbolística....



Portomouro xuvenis con algunhas anecdotas e amigos ... etc

Carreira ou arrastrarse polos campos pois creo que é o que veño facendo nos últimos anos…

A verdade que empezou moi moi mal.Xusto o día que ia a facer a ficha para o Portomouro todo feliz na miña moto tiven un accidente do cal saín ca cara cortada e cunha perna rota, pero bueno polo menos salín… Xa empezara a entrenar e era o primeiro ano, ainda non había juveniles e o entrenador era Beny . Logo de 5 meses de recuperación esperei o ano seguinte que xa había juveniles. No primeiro partido amistoso que xogamos fora contra o Trazo  xa me expulsaron por chuspirlle a cara o porteiro¡¡¡ Que desastre¡¡¡ Vaia payaso ( eu claro). Empezamos a liga e creo que gañamos tres ou catro partidos en toda a temporada, o que máis molaba era ir todo equipo en dous coches, catro ian no coche de Farruco (que era o entrenador) e os outros nove ou dez con Brea…Era o mítico micro Bus BX, moita paciencia tiña.No ano seguinte xa tiñamos mellor equipo pero como nos maiores non tiñan xente iamos con eles.O final non xogabamos nin cos juveniles nin cos maiores.

Con 18 anos deixeino e marchei para Canarias a traballar (cabeza loca) durante 9 meses e o ano seguinte volvín a xogar con tan mala sorte que rompín o menisco e durante seis meses estiben sen xogar.

Era a millor época, aínda que estábamos en terceira era un nivel moi superior a que temos hoxe en segunda e o noso posto solia ser entre os 6 primeiros pero nunca chegaba para ascender, ata que veu Duarte como entrenador e o ano seguinte xa ascendemos.
As anécdotas dese ano foron. Duarte nun partido dille a Felix:- ¿Ti drogaste chaval? E a Fer ¿A ti que che teñen que dar cun martillo na cabeza pa que te tires?
Despois estivemos un par de anos en segunda e creo que descendemos estando ainda Duarte como entrenador.
A temporada seguinte creo que veu Cao e nese mismo ano xa ascendemos, a verdade que fora un bo ano.Estabamos coma motos todos. 
Algo que recordo desa época e ver a Joshi e a Rañolas comendo mazáns e bebendo quintos no entrenamento.Cando chegaban o campo salpicabanse un pouco na fonte e ala a facer que sudaban….vaia lambóns.
E tamen ese ano cando Brea me dixo un día as palabra máxicas –Se Alberto é o medio centro do Portomouro, apaga e vámonos¡¡¡ a mín parecíume un pouquiño mal cando o dixo pero creo que tiña moita razón.

Ese ano volvín a romper o menisco pero da outra rodilla e tiven que operarme de novo. Outros 4 meses sen xogar… así foron pasando temporadas, arrastrándome un pouco

Por motivos de traballlo nos últimos cinco ou seis anos pois non entrenei casi nada en Portomouro, e claro, así me foi¡¡¡¡. 

Estando nas Pontes fun a a entrenar o primeiro ano co Roupar que xogaba en primeira regional da zona de Lugo pero eran unha banda e os dous seguintes fun a entrenar co Narahío que xogaba en segunda regional na zona de Ferrol,

Funme para Coruña a traballar, e de vez en cando ia entrenar a Portomouro pero era moito tute e empecei a entrenar co Larín, que estaba en segunda tamen coma nos.

Ahora neste último ano pois estiven en Cartagena e tampouco xoguei nada, bueno un par de partidos na Praia cos rapaces¡¡¡¡
Este ano xa se está acabando e creo que é o mellor que nos pode pasar porque a verdade que empezamos moi ben pero desinflamonos moi pronto e se chega a haber 3 xornadas máis incluso pensó que podíamos chegar a descender. 
Por certo neste ano tiven outra lesión, no partido co Tabeirós o porteiro salíu a un balón e partíume unha costilla. Moi majo o chaval¡¡¡
Son moitas as cousas e anécdotas que me pasaron no Portomouro, podese dicir que todas positivas porque o que brinda alí e bo rollo e compañerismo.Somos casi todos amigos desde pequenos e os que viñeron máis tarde foron integrándose moi ben. Espero que eso siga sendo así moitos anos e que para o ano lle damos unha alegría a aficción porque xa o merecen.

3 comentarios:

  1. Grande torito!! tiñas q poñer o palmarés de torneos ( borracheras, poñer xeo nun pe para non tirar un penalti jejeje)
    Xavi, a verdade, é que aprendiu bastante jeje.

    ResponderEliminar
  2. GRANDE CARNEIRO, A verdade e que levaches hostias de carallo. Ah e eu tamén estaba na reunión dos quintos e das mazas na iglesia de Portomouro jajaja. Que tempos. Bueno a seguir todos arrastrandonos polos campos porque o bonito e que nos arrastramos todos xuntos e eso e o que vale...
    ESTUDIA...

    ResponderEliminar
  3. Por fin encontrei esto xa tiña jana de meterme coa xente jeje olle creo q entre tanto tute de aqui para ala se che foi un pouco a pinza e os outros lambons nn se deron de conta xa q o primeiro ascenso foi con Cao e o segundo empezou Diego e acabou Cristobal ou nn te acordas o "arrasar" con Duarte so descendemos nunca ascendemos ai nn ai cabeza ningunha, esta ben cando me faga a miña copio a tua e e moi parecida jeje GRANDE NE!!!

    ResponderEliminar