Entradas populares

sábado, 18 de febrero de 2012

EXEMPLO DE ACTITUDE E XOGO CON 8 E 9 ANOS ....A UN PASO DA FASE FINAL

CF Portomouro 6 - 2 Brión. O Portomouro cargase o terceiro clasificado e colocase  a un paso de xogar a fase final de Fútbol Sala. O mellor xogador do partido foi o porteiro Álex Puga, facendo un partido moi bo e elixido polo seus compañeiros. Os goles moi repartidos, Lalo (2) Samuel Nieto (1) Brais (1) Borja (2). Agora solo queda esperar os resultados da xornada para saber si estamos clasificados, esperamos dar pronto a noticia.
Por outra banda o mércores 22 despois do adestramento 18h. reunión cos pais e nais para falar o tema de Fútbol 7.

martes, 14 de febrero de 2012

O CF Portomouro Benxamin a San Lázaro

España 4 - 1 Austria de Fútbol feminino. Partido completo do equipo español sobre todo na segunda parte onde meteu os catro goles. A afición disfrutou do xogo de toque e da pegada das mellores xogadoras españolas nun estadio entregado. Os rapaces do Portomouro animaron sen descanso o equipo como se ve na foto:


lunes, 13 de febrero de 2012

gol gol gol...!

Mazaricos 2 - 9 Cf Portomouro Benxamin. O equipo de benxamins do Portomouro deixou claro que é un equipo que merece estar na fase final. Partido intenso con fases de bo xogo. A pegada volve a aparecer no equipo con 9 goles moi repartidos. Brais (4), Manuel (2), Sergio (1), Alex Puga (1), Samuel (1). O próximo fin de semana vai ser definitivo. Gañar na Baña o Brión e agardar un resultado positivo noutros encontros. ¡¡Vamos agotar as posibilidades! ¡¡ánimo!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

Jose, é o noso mes de febreiro

Demarcación: Porteiro
Número: 1
Carreira futbolística: ¿Cómo foi a túa carreira?


(mais que carreira parece un fp): A primeira vez que xoguei un partido de fútbol foi os 17 anos no equipo de xuveniles do Portomouro. O único que se pode destacar (en canto a fútbol) e que xoguei duas veces co primeiro equipo (as dúas na casa): unha contra o Sigüeiro 1-1 e outra contra o Silleda 1-0 (antes deixábase a portería a cero con mais frecuencia, eran outros tempos). O segundo ano os xuveniles desfixéronse e fun un ano para A Baña. Tempada desastrosa, porque descendiu A Baña e porque tampouco e que xogara moito. O terceiro volvin po Portomouro, en teoría para que Diego tivese con quen xogar no entrenamento pero como marchou po Santa Comba xoguei case tódolos partidos (estivemos a punto de descender). A seguinte tempada xa é a que estamos disputando agora, parece que as cousas van algo mellor.


Entrevista:


1) Unha comida? Espaguetis a carbonara.

2) Unha bebida? Un quinto, por supuesto.

3) Un lugar? Cabanas de abaixo. 

4) Un gol? O de Iniesta en Stamford Bridge (ou o da final do mundial).

5) Un pase? O de Xavi a Torres no gol de España na final da Eurocopa. 

6) Unha parada? Unha de Victor Valdés na final da Champions do 2006 a tiro de Henry. Sendo modesto, debería escoller a que fixen este ano en Agolada. 

7) Un número? 666. 

8) Unha manía futbolística? Cando levo a botella de auga para a portería sempre a deixo pola parte de fora e nunca dentro da portería. Entro no campo e na área sempre co pe esquerdo (así me vai). Non e que sea supersticioso, é rutina.
9) Un posto? O 4º. 

10) Nun penalty, ¿un lado preferido? Non teño un lado preferido (para os penaltis) siempre me tiro por intuición. 


Gracias Jose polo teu tempo, sigue mellorando, serás un gran porteiro.