Entradas populares

domingo, 29 de enero de 2012

Xornada 20 - 2ª Autonómica

Tabeirós 0 - 1 C. F. Portomouro. Victoria moi traballada nun campo difícil. Partido trabado, con moitas faltas e pouca claridade nos pases dos dous equipos. O gol veu no segundo tempo despois de varias ocasións para o equipo visititante nun rexeite dun saque de esquina  chegou un zapatazo de Joshi dende fóra da área para meterse por toda a escadra. Un golazo que lle da o Portomouro 3 puntos para mirar cara a zona alta da clasificación.
Ver clasificación:
http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=84

viernes, 27 de enero de 2012

C F Portomouro Benxamin

A Baña 0 - 8 C F Portomouro
Nova victoria do equipo de Portomouro o cál lle fai soñar con esa clasificación para a fase final. Os goles moi repartidos: Alex Puga: 1 Isma: 1 Iñaki: 1 Pablo 1 Lalo: 2 Brais: 1 Manuel: 1 O mellor xogador do partido foi Isma, votado polos seus compañeiros. A clasificación :

Para o fin de semana...

Fin de semana de competición para os dous equipos do clube:
Hoxe venres o equipo benxamin disputa un partido importante para a conquista do seu obxectivo de clasificarse para a fase final.
As 17:00 Na Baña CF Portomouro - A Baña

E para o domingo, no campo de Tabeirós, CF Portomouro - Tabeirós. Campo de terra. 
3 puntos básicos para loitar por esa desexada quinta praza.
Clasificación:
http://www.siguetuliga.com/?s=liga&fc=clasificacion&id=84


Un mes, un xogador

Cada mes do ano o C. F. Portomouro quérollo adicar a un dos seus xogadores. Comezaremos en Febreiro. 
A dar detalles da carreira como futbolísta, dos gustos e as impresións de cada un. 
Estrutura: Para ir empezando....

Febreiro: José (porteiro)
Marzo: Simón
Abril: Rafa
Maio: Alberto Noya


As señas de identidade

Presentamos o escudo oficial do equipo, ca ponte romana aderida, insignia do paso pola parroquia de Portomouro.

jueves, 26 de enero de 2012

A estrea do blog

Hoxe damos comezo cunha nova andaina nesto das novas tecnoloxías. O Portomouro Clube de Fútbol estrea blog para informar, expoñer e compartir información.
Principalmente expoñeremos información relativa a partidos, competicións, torneos, fotos, saídas, comida de socios etc.